andaina

A andaina está organizada e dirixida un ano máis polo club de montañismo Peña Trevinca, a entidade responsable de levar a cabo as labores de planificación do percorrido, publicidade e disposición do voluntariado como guía do grupo.

Poderán participar as persoas nadas no 2007 ou anteriores.

A andaina 2020 iniciará o seu percorrido no campus vigués, dende a Praza Miralles, en dirección oeste dentro da propia universidade. Pasará por diversos lugares da contorna como poden ser a pista forestal Camiño Fraga, o Campo de Voo As Plantas, As Pereiras e outras zonas de moita visibilidade.

Consulta aquí o plano do percorrido.