Carreira 10km

A carreira desenvolverase sobre un circuíto de 3333 m que transcorre entre os vieiros interiores do campus e a entrada á Cidade Deportiva do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo.
Para a carreira de 10 km, daranse tres voltas ao devandito circuito.

Poderá participar calquera persoa sen problemas de saúde e nada no ano 2002 ou anteriores.

Esta carreira forma parte do Circuíto RunRun Vigo de Carreiras Populares, por iso as persoas inscritas nesta modalidade quedarán tamén inscritas de xeito automático no circuíto RunRun Vigo.

Con respecto á premiación, outorgaranse premios ás tres primeiras persoas clasificadas da categoría feminina e da categoría masculina, do seguinte xeito:

  • 1 º clasificado: 400 €
  • 2 º clasificado: 300 €
  • 3 º clasificado: 200 €

Consulta o regulamento:

regulamento HappyGoRunning