Os equipos da modalidade da competición por centros estarán integrados por un mínimo de 5 persoas (alumnado, PDI ou PAS). Cada participante debe inscribirse individualmente no Campus Activo e indicar o nombre do centro. Pagará a tasa correspondiente de manera individual (4 € de inscrición + 1 € de doazón solidaria ao programa Eu Saúde da Fundación Galega contra o Narcotráfico).

A clasificación elaborarase en función do número de participantes, teranse en conta as seguintes regras:

  • Carreira de 10 km: número de participantes totais + 1 punto – o posto de chegada.
  • Carreira de 6,6 km: número de participantes da carreira de 6,6 km + 1 punto – o posto de chegada.
  • Cando finalice a carreira, sumaranse os puntos de todos os integrantes para así calcular a puntuación total do equipo.

O premio para o primeiro centro clasificado consistirá nun trofeo conmemorativo (custodiado ata a seguinte edición) e ata 15 mochilas, dependendo do número de integrantes.

Consulta o regulamento:

regUlamento clasificación por centros