Tendo en conta os momentos difíciles que estamos a pasar debido ao COVID-19, decidimos preparar algo diferente para a Happy Go Running 2020:

O vindeiro 26 de abril celebraremos unha edición especial da nosa Happy Go Running. Será diferente, como non se pode correr no campus: imos correla todos e todas na casa!

O reto HappyNaCasa contará coas tres modalidades habituais do evento, de maneira que cadaquén pode elixir a que mellor lle conveña:

  • Andaina de 10k (12.000 pasos)
  • Carreira de 6,6k
  • Carreira de 10k

Para participar, só terás que compartir unha foto coa distancia completada de calquera das modalidades. Para isto podes empregar unha pulseira de actividade, unha aplicación do móbil ou algo similar. Etiquétanos nunha publicación no feed ou en stories co hashtag #eusonmuvernacasa e menciona algunha das nosas contas en redes sociais: Instagram (@muversuvigo), Facebook (mUVers Uvigo) ou Twitter (@mUVersUvigo)

Tes que percorrer a distancia de seguido, é dicir, como se estiveses realizando a proba no campus.

Comparte a túa foto antes do 26 de abril ás 20 horas.

  • Agasallos: sorteo de tres camisetas conmemorativas desta edición tan especial entre as persoas que rematen a proba nalgunha das tres modalidades. O sorteo terá lugar o luns 27 de abril
  • Concurso fotográfico: convidamos a todas as persoas a compartir unha foto ou vídeo que reflicta a súa participación no evento. Etiquétanos tamén co hashtag #eusonmuvernacasa e menciona a nosa conta. Entre todas as publicacións seleccionaremos a máis creativa, que acadará como premio un suadoiro conmemorativo do evento.

Gañadores/as da #HappyNaCasa

 

Descarga aquí toda a información sobre o evento:

#HAPPYNACASA