inscrición

As inscricións efectuaranse exclusivamente no Campus Activo da Universidade de Vigo.

Inscríbete

registration guide in English

As cotas de inscrición para as carreiras son as seguintes:

  • 4 € + 1 € solidario para as persoas pertencentes á comunidade universitaria galaico-duriense (universidades de Galicia e o norte de Portugal)
  • 6 € + 1 € solidario para o resto de participantes

A cota de inscrición para a andaina é a seguinte:

  • 3 € + 1 € solidario para todas as persoas participantes

A cota por participante inclúe unha achega solidaria de 1 €.

Este 2020, a Universidade de Vigo e a Fundación Galega contra o Narcotráfico acordaron destinar o donativo solidario da HappyGoRunning ao programa de fomento de hábitos saudables a través do deporte Eu Saúde. Os obxectivos do proxecto son os seguintes:

  • Fomento de hábitos saudables entre a mocidade galega.
  • Educar e formar en valores a través do deporte.
  • Axudar á diminución no número de inicios no consumo.
  • Aumentar a idade de iniciación ó consumo de drogas.

Eu Saúde é unha iniciativa da Fundación Galega contra o Narcotráfico co apoio da Consellería de Sanidade, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Consellería de Educación e Obra Social La Caixa.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición remata o mércores 22 de abril ás 23.59 h. Non se admitirán inscricións fóra de prazo.
O evento está limitado a un máximo de 1000 participantes.