equipos

Esta edición será a VIII Carreira Universitaria Galaico – Duriense contra a Droga grazas á colaboración das universidades de Galicia e do norte de Portugal coa Fundación Galega contra o Narcotráfico.

Para que o campus conste na clasificación final deberán finalizar a proba canto menos 7 integrantes, dos que, como mínimo, 5 serán homes e 2 serán mulleres.

A clasificación final entre campus elaborarase en función dos seguintes dous factores:

  • Puntuación por postos: sumaranse os 5 mellores postos acadados por cada campus na clasificación «universitaria masculina» e os 2 mellores postos na «universitaria feminina».
  • Número de participantes: restaránselle puntos aos campus en función do número total de participantes que finalicen a proba, ata un máximo de 20 persoas por campus.
  • 1 punto por cada home «chegado» pertencente a ese campus.
  • 2 puntos por cada muller «chegada» pertencente a ese campus.
  • Para estes efectos teranse en conta en primeiro lugar as mulleres que teñan finalizado a proba.
  • Desempates: establécese como criterio de desempate o número total de deportistas de cada campus que finalicen a carreira.

O premio para o primeiro campus clasificado consistirá nun trofeo conmemorativo e nun artigo deportivo para as persoas integrantes (ata o máximo de vinte que conten para a clasificación).

Consulta o regulamento:

regulamento clasificación por cAMPUS