servizos

Contaremos con diferentes servizos para as persoas participantes:

Vestiarios

Habilitaranse vestiarios femininos no SOOM CDU Vigo (piscina universitaria) e vestiarios masculinos no pavillón universitario. Os vestiarios estarán abertos a partir das 10.00 h, unha hora antes da carreira.

Servizo de ludoteca

Ofrecerase un servizo de ludoteca na cafetería Leonardo da Vinci para que os nenos estén ben coidados e tamén poidan gozar do evento.

Servizo de comedor

Durante o evento estarán abertos dous bares-comedor que ofrecerán precios reducidos para os participantes.

Aviso de cortes de tráfico

8.30 h

  • PECHE do cinturón interno (rotonda deportes, taller mecánico, rotonda Bola Horizonte, facultade de Filoloxía e Tradución, marquesina de tradución) para garantir a seguridade da organización mentres se montan arcos de saída/meta, colocación de conos, carteis, postos de recollida de dorsais, avituallamentos, etc.

9.30 h

  • Corte informativo en Zamáns
  • PECHE a altura do CACTI da dirección Zamáns-Rotonda de Deportes sentido Rotonda de Deportes, para evitar aglomeracións de circulación dirección circuito: Soamente permiten paso a usuarios/as da R. O Castro e parque de Beade.

10.00 h

  • PECHE do cinturón externo (Viveiros Adoa, Mercantil, acceso aos Sauces, rotonda a San Cosme) para garantir a seguridade durante a montaxe de elementos na zona externa ao campus, e evitar que non quede ningún vehículo nin poida acceder durante todo o transcurso do evento.

Consulta aquí os percorridos e os cortes que se inclúen en cada cinturón:

percorridos e cortes de tráfico